QUEN SOMOS?

EidoArquitectura resulta da converxencia de TEC e Eido, recollendo baixo unha única marca as andainas de ambos estudos, iniciadas aló polo 2013.

Somos un grupo de arquitectos afincados na Coruña (con bases tamén en Sarria e Allariz), adicados á arquitectura e ó urbanismo, tentando levar adiante as inquedanzas investigadoras e divulgativas xurdidas no Colectivo1Aun, do que somos membros fundadores.

Tódolos integrantes da equipa somos arquitectos, incluíndo na nosa formación mestrados en Urbanismo e Rehabilitación e Rexeneración, así como formación en Deseño de Interiores. É por isto que nos presentamos como un grupo capaz de cubrir a diferentes fases da intervención arquitectónica, dende a xestión urbanística ao amueblamento, pasando polo proxecto, a obtención de licencia, a xestión de obra ou calquera outra cuestión que no proceso poda xurdir.

Alén disto, o importante peso que ten adquirido a nosa rama de urbanismo e planificación, Taller de Estratexias Cidadás, apórtanos unha visión singular á hora de afrontar o proxecto de arquitectura, incluíndo as nocións de sustentabilidade e integración territorial como eixos nos nosos traballos.


MEMBROS:

Valerio González

David Río

Fiz Seixo

Roi García

COLABORADORES:

Sandra Vázquez

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s